23 de agosto de 2013

¡Cumpleaños feliz!

Primer equipo del Celta, 1923
Nuestro Celta se hace mayor, nonagenario, nada más y nada menos. Efectivamente, tal día como hoy, de hace noventa años, el Fortuna y el Real Vigo Sporting se fusionaban creando un nuevo club, el Real Club Celta de Vigo, para representar a la ciudad olívica; pero, también, a Galicia, con sus colores, y a la historia de nuestra tierra, con su nombre. 

Tras una temporada de tremendo sufrimiento, celebramos este 90 aniversario en la máxima categoría de la mejor liga del mundo. Ojalá nuestro Celta nos dé muchas alegrías.



¡Felicidades, Celtistas

7 de agosto de 2013

Maldito karma

Primera novela del escritor alemán David Safier.
Una historia sencilla, sin grandes pretensiones; pero, a la vez, sumamente original, ágil, fresca y, en muchas ocasiones, también divertida.
Aunque puede encerrar un mensaje más profundo sobre el sentido de la vida, recomendable solo como una amena lectura, para pasar un buen rato; no le exijáis mucho más.

25 de julio de 2013

Dolor, tristeza y solidaridad

25 de julio, Día de Galicia y día de profundo dolor. La tragedia ocurrida en Santiago tiñe de luto a la capital gallega, a toda Galicia y a España entera.
78 víctimas mortales (por el momento), 140 heridos...
Un tren y una línea que yo mismo he utilizado en alguna ocasión, un viaje que mi propia mujer realizó hace menos de un mes, la que mi hijo recorre con bastante asiduidad. En definitiva, una referencia próxima, un lugar cercano, un dolor que se puede hacer propio y un sentimiento de profunda tristeza y de absoluta solidaridad con las víctimas y familiares.


Con todo mi cariño, con todo mi pesar...

2 de junio de 2013

Sí se pudo

Un cuatro por ciento de posibilidades de salvación... El Celta está descendido... Éstas eran las frases y los comentarios que, continuamente, los celtistas tuvimos que escuchar en las últimas semanas. Y, sí, todos éramos bastante pesimistas y es que la situación no era la más propicia para ser lo contrario.
Pero, si algo tenemos los celtistas, es que estamos muy acostumbrados a sufrir y que disfrutamos intensamente las alegrías que nuestras humildes aspiraciones nos pueden regalar: una permanencia. Por eso, nos negábamos a rendirnos mientras las matemáticas no nos condenaran a Segunda División.
Y, ahora, ahí está, ¡conseguido! El año que viene volveremos a jugar con los mejores.
Y sobre lo vivido ayer en Balaídos, ¿qué decir? ¿Se puede sufrir más? ¿Se puede disfrutar más? Eso lo resume todo. Pero, ¡qué hermoso es mirar hacia cualquier parte y ver a cualquier desconocido que te dirige una mirada solidaria, porque sabe exactamente lo que estás pasando, y tú, por supuesto, lo que está sufriendo él! ¿Y esos abrazos a todo el mundo, a gente que no habías visto en tu vida, pero llevaba puesta una camiseta, una bufanda o una gorra de color celeste? ¡Indescriptible! Hay que amar mucho al fútbol y al Celtiña para entenderlo.
Celtistas, enhorabuena, ¡SEGUIMOS EN PRIMERA!

¡Hala Celta!

video


25 de febrero de 2013

El guardián entre el centeno


Es muy curioso lo que me ocurre con este libro. No es el primero que leo en más de una ocasión, pero sí es la primera vez que transcurre tanto tiempo y que la lectura se realiza en condiciones tan diferentes. Hace ya la friolera de treinta años que leí la historia de Holden Caulfield y su dramática situación, y fue, además, en lengua inglesa ("The catcher in the rye"). Sí, una de esas lecturas "obligatorias" de estudiante. Y he de reconocer que, en su momento, no lo disfruté demasiado; pero, también es cierto que algo de él quedó como "pendiente" y siempre tuve en mente volver a leerlo.
Controvertido donde los haya, ya con respecto al título y a su traducción al castellano, el libro de J.D. Salinger trata diversos temas delicados en torno a la adolescencia y la juventud.
Para adultos, bastante recomendable; para educadores, de un modo especial.

11 de enero de 2013

A RAPA-ZA DAS BESTAS

Son as mulleres moi diferentes dos homes? Poden facer as mesmas cousas? Son quen de realizaren traballos tradicionalmente relacionados con eles? É evidente que se trata dun tema moi controvertido sobre o que se poderían abrir mil debates.
Reflexionando ao respecto, ocorrésume esta historia ambientada en Galicia e nunha das tradicións seculares de maior arraigamento: a rapa das bestas. Oxalá vos guste.


A RAPA-ZA DAS BESTAS


            -Díxenche que non, Tania! Non me quero enfadar!
-Pero, papá, eu…
-Nin ti, nin nada! Iso non é para mulleres e acabouse. Serías ti a primeira que…
-E que ten iso de malo? Tamén Marie Curie foi a primeira muller que…
-Non fagas comparacións absurdas! Por cada muller que ti menciones, podo dicir eu cen homes. Ademais, ela non se xogaba a vida no seu.
-Si, si o facía! O seu traballo provocoulle a enfermidade. E tamén houbo unha primeira muller que subiu ao Everest, unha que viaxou ao espazo, a que…
-É moi diferente!! Nós estamos a falar doutra cousa. Algo que…. algo coma…; coma unha guerra! Si, iso mesmo. É algo parecido a unha batalla na que hai que ter forza, aguante, habilidade; e sobre todo, valor, moito valor.
-E eses son atributos exclusivos dos homes?
-Pois si! Do mesmo xeito que eu non podo parir, unha muller non pode…
-E por que non? Traer un neno ao mundo é algo natural que non se pode cambiar. Pero esoutras cousas son costumes doutros tempos que os propios homes nos quixeron impoñer. Non houbo tamén na historia mulleres que loitaron nas guerras e demostraron ter moito máis valor cós propios homes? Que me dis de Agustina de Aragón?
-Boh, non me veñas con historias!
-Non, historias non, papá; Historia! A pura realidade! E María Pita, eh? Galega, coma min! Cantas veces me tes falado dela todo cheo e gabándote de que a túa avoa tamén era coruñesa? Nin os ingleses, por moi machos que foran, puideron con ela. –Tania comezaba a falar rápido e en voz alta, mentres seu pai facía xestos ostensibles de que a súa paciencia estaba a piques de se esgotar-. Ademais, esta festa existe grazas a dúas mulleres que hai séculos…
-Si, e agora vai resultar que Carapuchiña comeu o lobo!, non si? –interrompeu seu pai irónico.
-Déixate de bromas, papá! Non te fagas o simpático…
-Eu non estou de broma! E abonda xa! –berrou enfadado, petando na mesa coa palma da man-. Dixen que non vas, e non vas! E… deixemos o conto como está!

Anxo Lores non era un pai demasiado intransixente para as demais cousas; pero non podía entender as intencións da súa filla de participar na Rapa, no medio daquelas bestas, onde sempre houbera homes, e nada máis que homes…! Para alguén da súa idade e costumes, aquilo resultaba incomprensible. Por iso, tras erguer a voz daquel xeito, levantouse da mesa e marchou da casa, batendo a porta con forza tras de si.

Tania, ademais da máis nova, era a única filla da casa, despois de dous homes. Viña de cumprir dezanove anos e, aínda que non era moi alta, tiña unha forte constitución física. Por se fora pouco, o seu nervio e vitalidade facían dela unha muller que, traballando decote na terra, non tiña envexa algunha do labor de calquera home. O certo é que Tania sempre fora diferente ás outras mozas de Sabucedo. Anxo tíñase mostrado orgulloso moitas veces de que todo o mundo dixera que era igual ca el, “un cadriño de seu pai”. No físico, no carácter teimudo, na capacidade de traballo… Ata o nome que escollera para ela parecía terlle escrito o destino caprichosamente de antemán: Tania (=Fiel ao pai). Pero, agora, Anxo comezaba a advertir que a súa filla tamén quería ser coma el en cousas que non debía. Semellábase a el, de máis.

Cando quedaron soas na cociña, sentadas aínda na mesa, ela maila súa nai, permaneceron un tempo en silencio. Por fin, a rapaza recuperou a conversa:

-Non é xusto, non é nada xusto –laiábase.
-Tania, filla, debes entender a teu pai –contestou súa nai-. El é un home doutro tempo, apegado ás tradicións, e o que ti lle estás a pedir…
-Pero non ten tanto problema cando me pide que traballe na terra a cotío e faga os mesmo labores que meus irmáns e todos os demais homes –berrou Tania-. Para iso, as tradicións non fan diferenzas entre os homes e as mulleres, verdade?
-Iso é diferente, muller –insistía a nai. Ergueuse da mesa e comezou a recoller os pratos-. Nós temos que traballar todos moi duro para saírmos adiante, e é normal que ti nos axudes. 
-Si, claro. Para iso, si –dixo a rapaza entre dentes-. E tamén podo ir ao monte visitar as bestas, coidar das crías que enferman, enterrar as que comen os lobos. Pero, participar na festa…? Iso si que non. Como nacín muller…
-Xa coñeces o dito –engadiu a nai, mentres abría a billa da auga no vertedoiro-: “O home é un animal de costumes.”
-Si, o home, si –exclamou Tania, poñéndose en pé e levando considerablemente o seu ton de voz-. Pero coido que a muller, non!

Tania deu por rematada a charla e tamén saíu da casa, visiblemente desgustada.

Esa noite, a rapaza a penas puido conciliar o sono. Debatíase continuamente entre facer o que sempre soñara, ou acatar as ordes de seu pai. Por unha banda, pensaba que ela era maior de idade e podía… Pola contra, imaxinar o desgusto que lles daría… Incluso o asunto do nome se converteu nunha auténtica obsesión que batía unha e outra vez na súa mente:Tania, Tania, Tania… “Fiel a seu pai”. A decisión era ben complicada.

* * *
Xa de madrugada, Anxo Lores ergueuse moi cedo e dirixiuse ao cuarto dos seus fillos, Lois e Paco. Como era de agardar, xa marcharan. A esa hora, debían andar polo monte, ás ordes do bestilleiro, para proceder á baixa dos animais. Seguidamente, achegouse ao cuarto de Tania e, tras dubidar un intre, petou na porta. Ninguén contestou. Volveu chamar pronunciando o nome da rapaza en voz baixa. Máis silencio. As súas sospeitas parecían confirmarse. Por fin, atreveuse a abrir a porta.  
            -Anxo! –Era a súa muller que o chamaba, aínda dende a cama-. Anxo, non vas ao monte?
O seu home abeirou de novo o cuarto e, a carón da porta, con voz e xesto aflixidos, contestou:
            -Tania vai na Rapa.
* * *
Aquela mañá de principios de xullo presentárase radiante. O sol relucía nun espléndido ceo azul e, dende moi cedo, a calor comezara a adquirir protagonismo. Preto do mediodía, o curro de cachotes e argamasa construído no século XVIII a carón da igrexa, presentaba un marabilloso aspecto. As bancadas de pedra estaban ateigadas de xentes da vila e visitantes que, cada ano en  maior número, eran atraídos polo espectáculo.

Entre o público, atopábase Tania. Aínda que se ergueu cedo por non aturar máis voltas na cama, decidira, no derradeiro momento, non desobedecer a seu pai e conformarse con presenciar a Rapa dende fóra.

De súpeto, a multitude comezou a berrar enfervorizada vendo chegar, monte abaixo, ducias e ducias de cabalos conducidos polos mozos cara ao curro. O bestilleiro, diante, dirixindo o grupo, daba as ordes con gritos guerreiros para que homes e bestas seguiran os seus sinais.

Pouco despois, o interior do recinto empedrado convertíase nun auténtico fervedoiro de persoas e animais pelexando entre si. Os aloitadores, de diferentes idades pero todos homes, trataban de montar e inmobilizar os cabalos para cortar as súas crinas; e as bestas, asustadas, remexíanse, erguíanse sobre as patas traseiras, couceaban e rinchaban sen parar.

Tania ollaba o que estaba a pasar alí abaixo moi atenta e con gran excitación; pero, tamén, cun terrible sentimento de envexa que a consumía por dentro. Á súa esquerda, descubriu a seus irmáns. Paco, o máis novo dos dous, despois dunha curta carreiriña, pegou un salto e sentou no lombo dunha das bestas agarrando con forza a súa crina. O animal, intimidado, buscou protección no groso da manda mentres tentaba tirar a Paco. Inmediatamente, un rapaz que levaba un pano branco anoado á cabeza agarrou con forza o pescozo do animal para reducilo. Lois, o outro irmán de Tania, cun ancho cinto de coiro moi cinguido por riba do pantalón, agarrou o cabalo polo rabo e comezou a tirar con forza cara a un lado para derrubalo. Súa irmá dedicáballes berros de ánimo dende arriba. Paco baixou ao chan de novo e suxeitou a besta polo outro lado do pescozo, mentres esta forcexaba desesperada. Pero, de súpeto, o animal comezou a dar voltas sobre si mesmo e os tres rapaces atopaban moitas dificultades para controlalo. Nun movemento brusco coa cabeza cara atrás, o cabalo perdeu o equilibrio e caeu contra o muro de pedra. Tania púxose en pé e lanzou un berro de arrepío, ao decatarse de que Paco quedara atrapado entre as pedras da parede e o pesado corpo do animal. Lois e o outro rapaz tiraban con forza para levantar a besta, pero non o conseguían. Cando Lois reclamou máis axuda, Tania saltou ao interior do curro.

            -Tania! –berrou Lois, mentres seguía facendo esforzos vans por axudar a seu irmán-. Que estás a facer? E que toleaches? Sae de aquí agora mesmo! Taniaaa!!!

* * *

Cando Anxo Lores recibiu a noticia de que Paco e Tania foran trasladados ao hospital, sentiu que todos os seus temores se fixeran realidade. El e maila súa dona colleron o coche e saíron axiña para aló.

            -Sabíao, sabíao! –dicía sen parar ao volante do seu automóbil-. Esa rapaza… Deus queira que…!
-Tranquilo, home –dicíalle a muller-. Non ha ser nada. Non corras, que imos chegar igual! E Paquiño, que lle pasaría a el?
-Por iso si que non tes que preocuparte –contestou con moita seguridade-. Eles son homes e saben coidarse. Algún golpe sen importancia, dos moitos que hai no curro. Pero ela, esa tola…! A saber o que…!

Cando chegaron ao hospital, Lois agardábaos na entrada.

-Onde a teñen? –preguntoulle o pai-. Que pasou? Como está? Vaise poñer ben? Por que lle consentiches…?

Antes de que Lois tivese tempo a responder, un médico saíu dun cuarto e dirixiuse cara a eles.

            -Son vostedes os pais?
            -Si, si -contestou Anxo Lores-. Fale, como está?
         -A verdade é que tivo sorte. Puido ser peor –contestou o médico-. De todos os xeitos, ten varias costelas fundidas e o brazo esquerdo rompido por dous sitios. Ademais, o golpe da cabeza fíxolle perder o coñecemento e terá que quedar en observación polo menos ata mañá. Haberá que facerlle unhas probas porque con este tipo de lesións debemos ser moi cautelosos. Aínda que penso que axiña se poñerá ben.
            -Gracias a Deus! –exclamou o pai-. Esta rapaza…
            -Rapaza di? –preguntou o médico estrañado-. De que rapaza me está a falar?
            -Papá, antes non me deches tempo a explicarche –interveu Lois-. O médico está a falar de Paco. Tania está ben. Unha enfermeira púxolle unha vendaxe nun nocello, nada máis. Un cabalo tripouna cando estabamos a socorrer a Paco. Agora mandeina á cafetería tomar unha tila, mentres eu agardaba por vós. Estaba un pouco nerviosa.
            -Que Tania socorreu a Paco? –dicía seu pai abraiado-. Que ela está ben?
            -Si, papá. A verdade é que foi moi valente. Cando máis problemas tiñamos, ela apareceu onda nós e afastou a Paco de debaixo do cabalo. -Lois falaba orgulloso de súa irmá, mentres seu pai non daba creto ao que estaba a escoitar-. Nin sequera se queixou cando mancou o nocello e, ata que sacaron a Paco do curro, non me dixo nada.
            -Mirade, por aí vén! -exclamou a nai.

Tania achegouse onde estaban a súa familia mailo médico, amosando unha leve coxeira e un pequeno hematoma nunha fazula.

            -Ola, papá -saudou cun tímido sorriso-. Ola a todos.